Campamentos de verán Global Project

    Global Project, delegados de Newlink, e especialistas en formación de idiomas, presenta este verán dous campamentos de inglés para nenos.

     

    SUMMER HOUSE

    Os nenos vivirán unha experiencia inesquecible en SUMMER HOUSE, un curso intensivo de inglés que se desenvolve nas instalacións de URECA en Nigrán durante o mes de xullo. Global Project deseñou un  completo programa de actividades nas que a vía de comunicación é o inglés. De luns a venres, en horario de 10 a 14 horas e en grupos reducidos, nun clima de respecto, cooperación e traballo en equipo.

    Os nenos poderán participar na gravación dun TV magazine, con sorpresas e moita imaxinación, e realizar numerosas actividades: talleres prácticos, xogos, role-plays, manualidades, cancións, actividades deportivas, piscina… e a preparación da actuación da End of Camp Party.

    • Dirixido a: nenos de Infantil, Primaria e 1º ESO
    • Do 1 ao 31 de xullo | luns a venres de 10 a 14 horas
    • Servizo de transporte desde Vigo
    • Descontos para familias
    • URECA en Nigrán Como chegar

     

     


     

    HOLIDAY CLUB

    HOLIDAY CLUB é un campamento urbano en inglés que se desenvolve nas instalacións do Colexio Compañía de María de Vigo para nenos de Infantil e Primaria. Global Project prepara un divertidísimo programa de actividades con profesores de nivel nativo.

    Cada semana estará dedicada a unha temática:

    • Do 22 ao 30 de xuño: TRAVEL AROUND THE WORLD
    • Do 1 ao 7 de xullo: ALIVE COMIC
    • Do 8 ao 14 de xullo: THE COSMOS
    • Do 15 ao 21 de xullo: MARKET- CREATE YOUR OWN BUSINESS
    • Do 22 ao 28 de xullo: ANGLOSAXON CELEBRATIONS

    Ademais realizarán workshops, manualidades, dibuxos, cancións, role-plays… A práctica de deporte será fundamental, así como todo tipo de xogos ao aire libre.

    • Dirixido a: nenos de Infantil e Primaria
    • Duración: 1 semana – 1 quincena ou 1 mes
      • Opción A: do 23 ao 30 de xuño
      • Opción B: do 1 ao 14 de xullo
      • Opción C: do 15 ao 28 de xullo
      • Opción D: do 1 ao 28 de xullo
    • De luns a venres de 9 a 14 horas
    • Colexio Compañía de María de Vigo Como chegar

     

     


     

    INSCRICIÓN

    A inscrición xa está aberta nas instalacións de Global Project School, na Plazoleta de Eduardo Iglesias, 8 (Vigo) ou chamando al teléfono 986 220 670.

     

    Escribe un comentario