Camiñada ao Pedroso

camiñatapedroso_unicefO domingo día 6 de outubro ás 10 da mañá sairá da Praza do Obradoiro de Santiago a XII Camiñada ao Pedroso de Unicef. Trátase dunha camiñada solidaria para recaudar fondos destinados a Unicef. Ademais de contribuír con esta causa solidaria o percorrido discorre polas marxes do río Sarela, así que poderedes disfrutar dunha bonita paisaxe. A duración aproximada é de 3 horas e a ruta parte da Praza do Obradoiro.

A ruta discorre ata Romaño por una senda peonil habilitada pola Ribeira do Sarela. O resto do percorrido paralelo ao río, está perfectamente transitable.

Inscrición: 5€. O importe íntegro destínase aos traballos de Unicef en beneficio da infancia máis desfavorecida do mundo. Podedes inscribirvos no Club Fontiñas ata o día 3 de outubro ou na sede de Unicef (Carreira do Conde, 2) ata o día 4 de outubro.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

[blockquote indent=”yes” ]

 

UNICEF traballa con equipos estables e profesionais en máis de 150 países para tratar de garantir a nenos e nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. A organización, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e a protección dos menores contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.

[/blockquote]

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.