Cabazas decoradas!

Achégase Halloween ou Samaín, como moitos lle chamamos aquí en Galicia a esta festa, e seguro que xa estades decorando a casa, buscando cabazas, disfraces… Nós este ano desempolvamos pinceis e pintura e imos decorar algunhas cabazas, animádesvos?

En Funky Time explícannos como pintar as cabazas con spray coa axuda dun pincel ou brocha e algodóns.

 

funkytime_calabazas

 

En A Subtle Revelry dannos unha idea sinxela e cun resultado precioso, ideal para calquera festa ou recuncho da casa. Decoraron as cabazas con chatolas de cores!

asubtlerevelry_calabazas

 

E, se en lugar de utilizar chinchetas utilizades tachuelas xa as convertides nas cabazas máis chic. Mirade que bonitas e creativas son as decoradas por Cuckoo 4 Design!

cuckoo4design_calabazas

 

As anteriores foron pintadas con Chalk Paint e pareceunos unha idea brillante. Se as pintades con pintura de pizarra os nenos poden debuxar sobre elas… En Living on Love cóntannos o paso a paso:

livingonloveblog_calabazas

 

E para as que se vos de mellor o fío e a agulla mirade que marabilla os coxíns en forma de cabaza que vimos en Thompson Family. Nas imaxes podedes seguir todo o titorial.

thompsonfamily_calabazas

FOTOS: 1 | 2 | 3 | 4 | 5

 

 Atrevédesvos con algunha idea?

¡Compártelo!
Artículo anteriorHalloween en Langstrump
Artículo siguienteCalabazas decoradas!

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.