Cabazas de Halloween e Samaín

A pouco máis de dúas semanas para que se celebre Halloween, ou Samaín como lle chamamos aquí en Galicia, estivemos buscando inspiración para decorar as nosas cabazas…

 

Encantáronnos estas cabazas que vimos no blog de Alisa Burke. Modernas, cheas de cor, pintadas a man… No seu blog encontraredes moitos exemplos.

 

alisaburke

 

Se as pintamos de branco e engadimos confeti de cores ou incluso dorados ou prateados lucirán perfectas en calquera recuncho da casa ou da oficina. Vímolas en Made in a day.

 

madeinaday

 

Estas de BetterHomes son ideais! Tamén pintadas de branco e decoradas con washi tape ou incluso pintadas con rotulador de cores.

 

BETTERHOMES

 

Para as que sodes manitas coa costura en The Alison Show atopamos este video-tutorial onde nos explican como facer estas cabazas de tea.

 

thealisonshow

 

Estas son ideas para pintalas, decoralas ou incluso coselas, pero quizais as cabazas clásicas con luz no interior son as máis bonitas. Na web de Martha Stewart ademais de inspiración e ideas amosánnos cómo limpar unha cabaza. É máis sinxelo do que parece… despois de cortar a parte superior cun coitelo pequeno e ben afiado, baldearémola por dentro rascando o interior cun cucharón. Debuxaremos a plantilla cun rotulador e iremos abrindo pouco a pouco os espazos que queremos.

 

marthastewart_calabaza

E para terminar ensinámosvos esta creación que nos deixou coa boca aberta… Trátase de debuxar a plantilla de campanilla e cortar a silueta para logo iluminala. Vímola na web Instructables, onde tamén atoparedes a plantilla de campanilla para debuxar.

 

instructables

FOTOS: 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6

Escribe un comentario