Bizcocho de manzana

Teño o froiteiro cheo de mazás ricas collidas directamente das árbores… e cun olor impresionantes. Quería facer unha merenda rica e encontrei esta receita de biscoito de mazá que me encantou no blog The Sweetest Taste. As súas fotos son estupendas e o biscoito ademais de san ten unha pinta exquisita. Se vos animades a facelo poderedes ver o paso a paso no seu blog: The Sweetest Taste.

bizcocho-de-manzana

bizcocho-de-manzana

Necesitaredes para un molde de 20 cm: 5 mazás, 1 cullerada de canela, 400 gr de azucre branco, 200 gr de fariña integral de espelta, 145 gr de fariña normal, 2 culleriñas de fermento químico, media culleriña de sal, 230 ml de aceite suave, 60 ml de zume de laranxa, 2 culleriñas de vainilla en pasta e 4 ovos.

Despois de precalentar o forno a 170ºC pelamos e cortamos as mazás e mesturámolas coa canela e as 5 culleradas de azucre. Tamizamos a fariña, o fermento e o sal. E noutra cunca mesturamos o aceite, o azucre, o zume de laranxa e a vainilla e engadimos os ovos, un a un, e a fariña. Mesturamos ata conseguir unha masa homoxénea. Botamos a metade da masa no molde engraxado con aceite e a metade das mazás, botamos a masa restante e finalmente as mazás. Necesita 80-90 minutos de forno.

Receita orixinal e fotos: The Sweetest Taste

Escribe un comentario