Belle Époque en Cuntis

Belle Époque en Cuntis

belle_epoque_cuntisSe queredes que os máis pequenos saiban o que foi a belle époque tedes que visitar Cuntis o sábado 8 de setembro. A vila pontevedresa vístese de festa e recrea con esta orixinal iniciativa o período de prosperidade de comezos do século XX en Europa. Poderedes dar paseos en carruaxes e descubrir os vehículos da época. Haberá ademais un mercado de artesanía e un programa de espectáculos para pequenos e maiores.

11 horas. Espectáculos de rúa e Circo con xogos de época no casco histórico.

12 e 16 horas. Teatro de sombras: O Vendedor de paxaros de Miro Magariños na Casa da Cultura.

13 e 17 horas. Sketch: Eu tamén quero votar na Praza de Ferrol.

13.15 e 17.15 horas. Música: A fermosa Charito no Bar Quico.

13.30 e 17.30 horas. Sketch: Loucura de amor no paseo do río.

13.45 e 17.45 horas. Actuación: Un día de praia na piscina municipal.

14 e 18 horas. Sketch: Duelo de amor no parque.

18.30 horas. Sketch: A Voda da Escola de Teatro de Cuntis no adro da Igrexa.

Ademais haberá menús Belle Époque en varios restaurantes e unha cea e baile no Hotel Balneario de Cuntis.

CUNTIS en Pontevedra Como chegar

Podedes consultar ademais o programa completo da festa.

Escribe un comentario