Aventuras coas focas é a actividade para nenos que propón o Aquarium Finisterrae da Coruña. Os nenos poderán preparar a comida das focas e participar na alimentación. Unha ocasión para coñecer o Aquarium Finisterrae dende outra perspectiva.
- Dirixida a: nenos maiores de 7 anos, acompañados dun adulto
- 5, 6, 19, 20, 26 e 27 de novembro | 11 horas
[divider style=»dotted» height=»40px» ]
Inscripción: para participar hai que preinscribirse a partir do venres 28 de outubro a través deste formulario electrónico. Só se admitirán os formularios de preinscripción que se reciban entre as 10 e as 13 horas do 28 de outubro.
Prezo: é necesario aboar o prezo de entrada ao Aquarium (agás titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), 10€ e 4€ para os menores de 14 anos, maiores de 65 e aqueles que presenten o Carné Xove.
[divider style=»dotted» height=»40px» ]
AQUARIUM FINISTERRAE da Coruña Como chegar