Aprender xogando con Tollabox

caja_tollaboxSe aínda non coñecedes Tollabox tedes que facelo xa!! É un concepto novo, diferente, unha experiencia para gozar en familia e fomentar a creatividade. Trátase dunha caixa con xogos para explorar, descubrir, preguntar, probar, divertirse… e centrada en Playducation ou a cultura de aprendizaxe.

Tollabox está pensada para nenos a partir de tres e catro anos e cada caixa contén un novo capítulo das aventuras dos Tollas en forma de conto. Os Tollas son pequenos seres cheos de curiosidade, traviesos e con ganas de aprendelo todo! As súas personalidades son completamente diferentes e resolven calquera problema en equipo.

Tollabox fomenta a comunicación, a lóxica e as matemáticas, natureza e técnica, psicomotricidade fina e grosa, educación emocional, educación musical, a visión espacial e estética, así como a percepción inter-persoal e intra-persoal. A caixa ofrece aos nenos a posibilidade dunha experiencia significativa para que vaia asimilando estas destrezas. Cada xogo de descubrimento fomenta, de xeito específico, dous ou tres destrezas.

 

 

 

 

[blockquote indent=»yes» ]Conta a lenda que…[/blockquote]

Máis alá dos planetas e fóra do tempo, moi lonxe de aquí, viven os Tollas da Astrotolla. Están moi orgullosos da súa estrela porque é redonda como unha pompa de xabón e posúe a súa mesma cor e brillo. Todo se move e flota. A Astro-tolla é transparente, por iso dentro dela o sol brilla todo o día. Non existe a noite e nunca escurece! Aos Tollas encántalles a luz. Viven dela. Si, exactamente, os Tollas comen luz!

 

imagen_tollabox

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]DESCONTOS[/blockquote]

Todos os que sexades seguidores de lamariola teredes un desconto de 5€ na vosa compra. Tedes que escribir ao mail info@tollabox.es ou a través do seu Facebook indicando que queredes o cupón desconto de lamariola. ([highlight style=»yellow» ]SÓ DURANTE O MES DE FEBREIRO[/highlight])

Oferta 2 x 30€. Se queredes conseguir a primeira caixa Tollabox (con 4 xogos e 2 cuentos) e a caixa máis actual poderedes conseguir as dúas por so 30€. Tamén tedes que escribir ao mail info@tollabox.es facendo referencia á oferta de lamariola ([highlight style=»yellow» ]oferta ata fin de stock da primeira caixa Tollabox[/highlight]).

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Podedes visitar a súa web para máis información: tollabox.es

 

 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.