AGAFAN, en defensa das familias numerosas

Para as familys máis grandes! Aínda que xa coñeciamos AGAFAN grazas ao salón Somos Papás puidemos coñecelos un pouquiño mellor. AGAFAN é a Asociación Galega de Familias Numerosas, unha entidade sen ánimo de lucro, que traballa na defensa das familias numerosas.

Cóntanos Montserrat Mouro que AGAFAN agrupa a familias numerosas que loitan unidas para conseguir un maior recoñecemento social e protección. Traslada os seus problemas, inquedanzas e necesidades ás adminsitracións públicas e está presente en toda Galicia a través dunha rede de delegacións.

[blockquote indent=”yes” ]Su trabajo[/blockquote]

É unha organización civil, aconfesional, apolítica e sen ánimo de lucro que ten como misión a protección e defensa da familia numerosa. O seu labor consiste en cooperar na defensa, mellora e perfeccionamiento dos dereitos outorgados ás familias numerosas na lexislación vixente, xestionando ante os poderes públicos cantas modificacións se consideren oportunas en dita lexislación. Ademais de conseguir beneficios e descontos de iniciativas privadas para os asociados e asesorar e informar aos asociados sobre os seus dereitos e prestacións.

  • Por que asociarse?

Dende AGAFAN explícannos que xuntos podemos conseguir máis e mellores beneficios. Por iso é importante que as familias se asocien. Axudaránnos a ter máis forza ante as administracións públicas e ademais poderás acceder a unha chea de ventaxas e descontos ofrecidos por importantes empresas de todos os sectores. Ser máis, custará menos.

  • Que familias poden asociarse?

 Calquera familia que dispoña do título de familia numerosa.

 [divider style=”dotted” height=”40px” ]

[blockquote indent=”yes” ]Plan+Familia[/blockquote]

 Ao facerse socia unha familia, accede aos beneficios do Plan+Familia. A asociación galega forma parte da Federación Española de Familias Numerosas, entidade xestora do Plan+Familia, que está conseguindo importantes ventaxas e descontos para as familias asociadas a nivel nacional. Ditos descontos poden verse na páxina web da asociación: www.agafan.org. Ademais das vantaxes a nivel nacional, a Asociación galega logreu outras moitas no ámbito da nosa rexión: descontos en concesionarios de automóviles, en entradas de cines, en contratos de seguros, en supermercados, en librarías…

Ademais de todos eses beneficios, o seu labor consiste, sobre todo, en informar e asesorar ás familias, sexan socias ou non, debido á desinformación e desorientación das familias ante as axudas, e a escaseza de recursos por parte das administracións públicas.

Actualizan diariamente a nosa páxina web, na que están recollidas todas as vantaxes, beneficios e subvencións aos que se pode acoller unha familia numerosa galega, ademais de noticias, artigos e información de interese para ditas familias. Publican a revista semestral Sí Familia.

[blockquote indent=”yes” ]Que familia é familia numerosa?[/blockquote]

  • Un ou dous ascendentes e tres ou máis fillos/as, sexan ou non comúns.
  • Unha ou dúas persoas con dous fillos/as, sexan ou non comúns, sempre e cando unha destas sexa discapacitada ou estea incapacitada para traballar.
  • Dúas personas ascendentes, cando ambas fosen discapacitadas, ou como mínimo unha delas tivese un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, ou estivesen incapacitadas para traballar, con dous fillos/as, sexan ou non comúns.
  • A nai ou o pai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos/as, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares ou non vivan no domicilio conxugal, sempre que estean baixo a súa dependencia económica.
  • Dous ou máis irmáns/as orfos de nai e pai sometidos a tutela, acollemento ou garda, que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora, pero que non estean ás súas expensas.
  • Tres ou máis irmáns/as orfos de nai e pai, maiores de 18 anos (ou dous, se un deles é discapacitado), que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
  • Nai ou pai con dous fillos/as, cando falece a outra persoa proxenitora.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.