Adornos de Nadal caseiros

Co Nadal á volta da esquina somos moitos os que xa estamos pensado en adornar a casa. Hoxe propoñémosvos algunhas ideas para crear cos nenos algúns adornos para a árbore de Nadal.

En BlissBloomBlog ensínannos a crear unhas bonitas bólas para a árbore. Necesitamos tea de saco, as bólas que poden ser de poliespan, cola ou pegamento e cordón ou lazo. Podemos escribir sobre a tea ou ben estampar sobre ela letras ou debuxos. Descargaremos a plantilla de Martha Stewart e iremos pegando sobre a bóla. En BlissBloomBlog podedes seguir o paso a paso.

bolas_blissbloomblog

En Lana Red permítennos descargar esta plantilla con forma de estrela, árbore e corazón. Debuxaremos as formas en tea o fieltro e recortaremos. Rellenamos e cosemos, é moi sinxelo e quedan uns adornos preciosos.

lanared_adornos de fieltro

A ilustradora Miriam Bos debuxou unhas plantillas ideais con varias figuras para crear os nosos adornos de papel. Na súa web podedes descargarvos un Papá Noel, un reno, un elfo… imprimir, recortar e ir pegando as solapas.

freebies_adornosdepapel

En Star Inspirations vimos este adorno feito con cordel, trapillo, piñas e estrelas. As piñas podémolas recoller nun dos paseos que fagamos polo campo e trátase de ir unindo cada piña (que fixaremos con cola ao cordel) con cada estrela e ao seu laziño de trapillo ao final… son moi orixinais e sinxelas!

star_inspiration_navidad

starinspiration_navidad

FOTOS: 1 | 2 | 3 | 4 | 5

[blockquote indent=”yes” ]E vos, empezáchedes xa coa decoración do Nadal?[/blockquote]

Escribe un comentario