Actividades e obradoiros na Fundación Luis Seoane

Signos para Seoane

Signos para Seoane nace coa intención de integrar nunha mesma actividade tanto a nenos e nenas discapacitados auditivos como a oíntes a través da que coñecerán a obra e a figura de Luis Seoane. É un programa dividido en tres trimestres que se desenvolverá todos os sábados de 17 a 19 horas. 2o nenos xordos e oíntes crearán e descubrirán xuntos a Seoane nun espazo libre de barreiras que impidan a comunicación.

Unha actividad educativa-cultural que fomenta o respeto pola diversidade lingüística e polas diferentes capacidades dos nenos e nenas participantes. A lingua de signos e Seoane serán os fíos conductores desta fascinante travesía que nos leva da Coruña a Bos Aires, de Chos Malal a Compostela ou do Castro de Samoedo a Santo André de Teixido.

Datas

Primeiro trimestre: 19 e 26 de outubro | 9, 16, 23 e 30 de novembro |  14 e 21 de decembro

Segundo trimestre: 11, 18 e 25 de xaneiro | 1, 8, 15 e 22 de febreiro | 1, 8, 15, 22 e 29 de marzo | 5 e 12 de abril

Terceiro trimestre: 26 de abril | 10, 176, 24 e 31 de maio | 7, 14, 21 de xuño

Horario: SÁBADOS de 17 a 19.30 horas

Dirixido a: nenos de 8 a 12 anos

Prezo: 50€/trimestre (-10% dous ou máis irmáns)

Inscrición: debedes entregar este FORMULARIO na Fundación Luis Seoane.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Cara a cara. Actividade con 35 artistas da Coruña

Son 35 encontros-obradoiro que terán lugar as tardes dos venres. Esta actividade promoverá a comunicación entre artistas e creadores coruñeses e o público máis novo coa fin de establecer un debate que produzca propostas culturais diferentes. A finalidade de Cara a cara é animar aos nenos a crear a súa propia obra de arte, para posteriormente ser integrada nun libro que reflicta as experiencias deste diálogo entre artistas e alumnos.

Unha forma única de coñecer os procesos creativos dentro dun proxecto creativo e colectivo aberto. Cada participante traducirá a súa experiencia nun debuxo, pintura ou obra creativa. Con esas expresións construiráse un gran libro colectivo no que se poderán observar as diferentes visións e entendementos de achegarse ao artista, á arte e aos seus procesos de traballo.

Datas

Primeiro trimestre: 18 e 25 de outubro | 8, 15, 22 e 29 de novembro |  6, 13, 20 e 27 de decembro

Segundo trimestre: 3, 10, 17, 24 e 31 de xaneiro | 7, 14, 21 e 28 de febreiro | 7, 14, 21 e 28 de marzo

Terceiro trimestre: 4, 11, 18 e 25 de abril | 2, 9, 16, 23 e 30 de maio | 6, 13, 20 e 27 de xuño

Dirixido a: nenos maiores de 6 anos

Horario: VENRES de 17 a 19 horas

Prezo: 50€/trimestre (-10% dous ou máis irmáns)

Inscrición: debedes entregar este FORMULARIO na Fundación Luis Seoane.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Para máis información podedes chamar ao teléfono 981 216 015 ou escribir a info@luisseoanefund.org

Fundación Luis Seoane na Coruña Como chegar

Escribe un comentario