A xacia Luviñas de Anxo Moure

Hoxe falámosvos dun libro especial: A xacia Luviñas. Moitos seguro que xa coñecedes a Anxo Moure. Vos temos recomendado en moitas ocasións visitar A Casa das Árbores en Chantada. El é o seu creador e agora sorpréndenos de novo con este libro, editado por Sotelo Blanco.

Trátase dun libro para os máis pequenos e tamén para as nais e pais. Conta a historia dunha muller peixe de río, o que no río Miño se chama unha xacia. A historia ensina ás nenas e nenos a non pelexarse, a coidar dos ríos e sobre todo a acariciar. Contan as lendas que os xacios e as xacias son seres medio humanos, medio peixes, que vivían nos pozos do río Miño.

Anxo Moure está esta temporada a presentar o seu libro arrastrando unha barquiña tradicional do río Miño, un batuxo, de parque en parque, de escola en escola, pescando contos…

anxomoure

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.