Praza dos Libros en Carballo

Praza dos Libros en Carballo

Arrolos de SalitreA literatura e a música serán as protagonistas estes días en Carballo. Ata o domingo día 26 poderedes disfrutar da maxia dos libros nunha nova edición da Praza dos Libros. Trátase dunha feira literaria con novidades editoriais e librarías que farán un desconto en todos os libros dun 10% do seu prezo habitual. Libros, contacontos, música e obradoiros conforman o programa para os máis pequenos.

Ciclobiblioteca con contacontos
23 e 26 de agosto | durante a mañá 

Contos da Meiga Sobreira, contacontos con Anxo Moure
23 de agosto | 18.30 horas

O Principio. Kalandraka. Sesión de contacontos da actriz e escritora Paula Carballeira
24 de agosto | 12.30 horas

Obradoiro de reciclaxe de camisolas e creación literaria. Os nen@s aprenderán a decorar e terán que levar unha camiseta branca. 
24 de agosto | 18.30 horas

Rafa Villar presenta Patente de corso (Embora) e María Canosa presenta Acuario (Embora)
24 de agosto | 19.30 horas 

O músico Xabier Díaz e o guitarrista Guillerme Fernández presentan o seu disco Arrolos de salitre, con nanas para bebés
25 de agosto | 12.30 horas 

Teatro Infantil. Catalina, Lino, Lina, Compañía Glub Glub
25 de agosto | 19.30 horas

Graciano Zoqueiro, trasniño gaiteiro, de Anxo Moure
26 de agosto | 18.30 horas

Engurras. Presentación da película e máis do álbum de banda deseñada
26 de agosto | 19.30 horas

Concerto da rapeira Aid, no cal interpretará diversos poemas clásicos galegos en clave de rap, que están recollidos no seu disco Rapoemas
26 de agosto | 20.30 horas 

XARDÍN MUNICIPAL en Carballo Como chegar

Do 23 ao 26 de agosto | de 11 a 14 e de 17.30 a 21.30 horas

Podedes consultar o PROGRAMA COMPLETO desta feira.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.