A motivación no Método Suzuki

Hoxe a nosa colaboradora Paula Colás nos habla de la importancia de la  motivación tanto en la educación como en el método suzuki.

 

Isto é o que nos contou…

 

A motivación é o eixo fundamental para que calquera neno aprenda e o que os profesores debemos lograr e fomentar dende o principio. No método Suzuki ademais traballamos cos pais que están completamente integrados no proceso así que temos que conseguir que eles na casa fagan que os seus fillos adquiran esa motivación.

Collendo como exemplo a adquisición da lingua materna os pais sempre estimulan e celebran cada logro que o seu fillo vai conseguindo de xeito progresivo, deste modo o neno sabe que cada avance vai ser reforzado e atópase cun ámbito favorecedor para que siga aprendendo. Os pais non teñen présa porque saben que o seu neno vai aprender e respectan o seu ritmo sen deixar de estimulalo para que finalmente saiban falar. O que comunmente moitas veces chamamos ‘sen présa pero sen pausa’. Se isto mesmo o levamos ao ámbito da aprendizaxe musical o neno cada paso que dá co seu violín (por pequeno que este fose) sería celebrado no seu ámbito o que xeraría nel o desexo de querer seguir aprendendo.

 

A motivación é o camiño principal para que os niños aprendan

 

É moi interesante ver como en moitas ocasións as familias crean un ‘mundo musical’ que propicia que o neno queira e estea ilusionado tocando, refírome a: a participación en cursos durante o verán, concertos nos que tocan a eles ou outros nenos, ver os seus pais capaces de tocar tamén o instrumento… en definitiva, crer na motivación como o camiño principal para que os nenos aprendan porque non hai mellor habilidade que a que se crea sendo feliz.

Graciñas Paula!
 
 
Se queredes saber máis sobre este método Paula xa nos contou…

  • Qué es el método Suzuki: AQUÍ
  • El papel de los padres en el método Suzuki: AQUÍ
  • Cómo son las clases del método Suzuki: AQUÍ
  • La clase colectiva en método Suzuki: AQUÍ

 
 
en clave

 
 
 

Escribe un comentario