Xa vos presentamos noutra ocasión a Granxa de Barreiros en Sarria (Lugo) o seu proxecto educativo. Un lugar ideal para disfrutar en familia nun entorno único. Este proxecto de educación ambiental e cultural ofrece varias posibilidades:
- Visitas escolares e de fin de semana
- Cursos formativos
- Campamentos de verán
- Albergue turístico
- Granxa ecolóxica
[divider style=»dotted» height=»40px» ]
[blockquote indent=»yes» ]Visitas escolares[/blockquote]
A Granxa-Escola de Barreiros ofrece a oportunidade a nenos e profesores de compartir uns días fóra do ámbito escolar e familiar, aprendendo e disfrutando xuntos nun contorno rural e natural, cun variado programa de actividades dirixidas tanto a nenos de Educación Infantil e Primaria, como a nenos de ESO e Bacharelato.
As estancias poden ser dun día, de 2 a 5 días e de fin de semana. A Granxa ten capacidade para 50 alumnos. A programación está adaptada ás idades, intereses e necesidades de cada centro e as actividades están orientadas a proporcionar aos nenos unha relación coa realidade do contorno, sensibilizalos sobre o medio ambiente que os rodea, coñecelo, valoralo…
As actividades están pensadas arredor dos ciclos estacionais e centradas nos animais da granxa, a horta ecolóxica e os campos de cultivo, a estación meteorolóxica, as árbores froiteiras, os invernadoiros, o estanque, os bosques, o camiño de Santiago, as rutas…
Dende a Granxa Escola de Barreiros propoñen sesións temáticas en función dos días de estancia:
- Visita e coidado dos animais da granxa
- O ovo e a galiña
- As plantas aromáticas e medicinais
- Actividades centradas en cada estación: outono/primavera/verán/inverno
- O pan
- Ruta interpretativa
[divider style=»dotted» height=»40px» ]
[blockquote indent=»yes» ]Un lugar de encontro e aprendizaxe[/blockquote]
A fonte de coñecemento é o contorno natural e rural da propia granxa e os recursos naturais utilizados diariamente son os que se utilizan para aprender, desenvolvendo actitudes de respecto e coidado da natureza, de tolerancia e formando espíritus críticos. A súa metodoloxía céntrase en aprender:
- facendo
- descubrindo
- observando
- interrogándose
- anticipando respostas
- experimentando
- comprobando
- xeneralizando
- cooperando
O equipo de Granxa Escola de Barreiros é un equipo de profesionais comprometido co medio e coordinado para ofrecer unha atención personalizada, cuidando os aspectos educativos e a mellora das relacións humanas.
[divider style=»dotted» height=»40px» ]
Granxa de Barreiros en Sarria Como chegar
Para máis información podedes chamar aos teléfonos 982 533 656 ou 698 129 000 ou escribir ao mail info@granxadebarreiros.com.