Sábado en familia na Granxa de Barreiros

A Granxa de Barreiros organiza para o día 26 de outubro unha nova xornada para descubrir a natureza en familia: o bosque en Outono.  Trátase dunha actividade para coñecer o  mundo natural, de forma sinxela, amena e clara, e que pretende tamén a sensibilización e concienciación cara aos múltiples problemas e perigos que está a pasar a natureza.

Antes de saír ao campo prepararedes a mochila do naturalista: caderno, guías de campo, lupas, primáticos, bolsas pequenas, caixiñas e frascos para a recollida de mostras, etc…

Despois da presentación, do almorzo de benvida e do paseo para coñecer as instalacións da granxa, comezan as actividades divididas en dous grupos: granxeiros (para os máis pequenos, ata 7/8 anos e adultos) e naturalistas (a partir de 7/8 anos e adultos).

 GRANXEIROS

Animais da granxa: coidado e alimentación, coñeceredes as súas características e o que obtemos deles e as razas autóctonas que teñen na Granxa de Barreiros.

Os froitos de outono: recolleita de mazás, castañas, noces… Paseo polos vellos castiñeiros de Barreiros e obradoiros creativos cos elementos de outono na Palleira.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 NATURALISTAS

Roteiro interpretativo: un paseo polo contorno desde a Granxa pasando por O Fondón, As Nogueiras, Río, Santa Marta (cunha duración aproximada de 2 horas e media). No paseo descubriredes e interpretaredes a diversidade do medio natural, rural e cultural. Observaredes as árbores no outono, os seus froitos, os cogomelos, os animais, as plantas sen flores, coa axuda de guías de campo, lupas, prismáticos, etc.

 Ás 13.30 horas está previsto o xantar e ás 15.30 horas comezan as actividades da tarde. O grupo dos granxeiros elaborarán sidra coas mazás de Barreiros e o grupo dos naturalistas participarán no Rincón do Naturalista: organizando as mostras recollidas, anotando no caderno, clasificando os materiais, os cogomelos… e manexando lupas e microscopios, así como participando no obradoiro con bugallos.

Ás 17.30 horas está prevista a merenda e ás 18 horas rematará a xornada.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Dirixida a: todos os públicos

26 de outubro | de 10 a 18 horas

Inscricións: a través do teléfono 982 533 656 ou en info@granxadebarreiros.com. Podedes descargar a ficha de inscrición AQUÍ e remitila vía mail ou fax. Podedes inscribirvos ata o venres 25 de outubro ás 13 horas.

Prezo: adultos 20€ e nenos (de 3 a 12 anos) 15 €. Os menores de 2 anos gratis, pero deberán estar acompañados por un adulto nas actividades.

Granxa de Barreiros en Sarria Como chegar

Para máis información podedes chamar aos teléfonos 982 533 656 ou 698 129 000.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.