Descubrir a natureza en familia

O vindeiro día 14 de marzo poderedes participar na xornada Descubrir a natureza en familia: as aves do noso contorno na Granxa de Barreiros en Sarria (Lugo).

Nesta xornada poderedes compartir unha experiencia en plena natureza, tanto nenos coma maiores, para coñecer e espertar a curiosidade sobre a vida das aves. Cunha serie de nocións básicas para a súa observación e identificación, poderedes achegarvos máis ao seu contorno, e que ao irvos familiarizando con elas as respectedes.

  • Nenos a partir de 8 anos e maiores. Poderán introducirse no mundo das aves, coñecendo recursos e estratexias para a observación e identificación das aves. Coñecerán as aves comúns nos principais ecosistemas galegos e cómo se poden protexer as aves: construción de caixas-niño, comedeiros…
    • 10 horas | Presentación e café de benvida
    • 10.30 horas | Actividades da mañá. Pequena introdución sobre aspectos xerais das aves e preparación da saída. Uso dos prismáticos e telescopio terrestre. Saída ao campo para a observación de aves.
    • 14 horas | Xantar
    • 15.30 horas | Actividades da tarde. Posta en común. O Recuncho do ornitólogo. Charla sobre as aves en Barreiros. Saída ao campo para identificación de especies máis comúns. Uso de guías de campo. Anotacións no caderno de campo. Avaliación da actividade.
    • 18 horas | Despedida
    • *É necesario levar roupa e calzado axeitado para unha xornada no campo, chuvasqueiro e unha pequena mochila.
  • Haberá ademais unha programación adaptada a nenos menores de 8 anos.

 

  • Dirixido a: familias, amigos, profesorado de todos os niveis educativos, educadores ambientais, monitores de tempo libre e todas aquelas persoas interesadas no medio natural.
  • 14 de marzo | de 10 a 18 horas
  • Prezo: 30€ adultos – 20€ nenos (de 3 a 12 anos   *os menores de 2 anos gratis, pero deberán estar acompañados por un adulto nas actividades). O prezo inclúe as actividades guiadas polo equipo docente especializado, xantar e cafés.
  • Inscricións e reservas: 1º. solicitar reserva a través dos teléfonos 982 533 656 / 698 129 000 ou vía e-mail info@granxadebarreiros.com para confirmar a existencia de prazas. 2º. descargar a ficha de inscrición e remitila por mail ou fax. 3º. data límite de inscrición – venres 13 de marzo ás 13h.
  • GRANXA DE BARREIROS en Sarria (Lugo) Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.