Campamentos de verán en Granxa Barreiros

Campamentos en plena natureza e campamentos para os amantes da música!! Son as dúas propostas de Granxa Barreiros en Sarria para pasar un verán divertido e inolvidable. Xa está aberta a inscrición para reservar praza para estes campamentos de verán.

O equipo de Granxa Escola de Barreiros é un equipo de profesionais comprometido co medio e coordinado para ofrecer unha atención personalizada, coidando os aspectos educativos e a mellora das relacións humanas.

 

[blockquote indent=»yes» ]Campamentos Natureza 2014[/blockquote]

Cada verán Granxa Barreiros convértese nun lugar de aprendizaxe nun ambiente familiar, saudable e lúdico. Cada neno aprende a ser un mesmo, a pensar, a convivir, a comportarse, a decidirse… nunha tarefa compartida entre todos os membros da Granxa.

Organizan actividades para unha educación natural e ambientalunha educación para a arte e para a comunicación. Son actividades interdisciplinares, conxugando historia, arte, ciencia, natureza e aventura,  potenciando a súa creatividade e imaxinación a través da realización de diversos talleres, dramatizacións e xogos. Os seus traballos na granxa e na horta ecolóxica e a investigación do entorno natural fan que aprendan a valorar e a amar a natureza.

Dirixido a: nenos e nenas de 5 a 12 anos

PREZOS e DATAS

  • Do 29 de xuño ao 5 de xullo | 370€
  • Do 5 ao 12 de xullo | 380€
  • Do 29 de xuño ao 12 de xullo | 566€

 

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]Campamento Musical 2014[/blockquote]

Centro de Música Fingoi organiza cada verán un campamento musical en Granxa Barreiros. Para os nenos amantes da música, que queiran disfrutar de todas as vantaxes dunha actividade grupal de tempo libre, vai dirixido este campamento, que combina actividades musicais con outras ambientais e de ocio, co fin de disfrutar e enriquecer a súa formación musical e persoal.

Todo iso da man de grandes especialistas en música e en educación ambiental nun marco incomparable, como é o espazo natural e as  instalacións de Granxa Barreiros: un ambiente familiar, un cómodo aloxamento e unha alimentación sá e equilibrada, con produtos naturais, moitos deles procedentes da súa horta ecolóxica.

Dirixido a: nenos e nenas de 7 a 16 anos

PREZOS e DATAS

  • Do 12 a 19 de xullo | 590€
  • Do 12 ao 19 de xullo: campamento musical diurno (de 10 a 16.30h)| 286€
  • Do 5 ao 12 de xullo + campamento musical do 12 ao 19 de xullo | 860€

[blockquote indent=»yes» ]Descontos[/blockquote]

Descontos do 15% polo 2º fillo e do 30% polo 3º fillo

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

 

[blockquote indent=»yes» ]INSCRICIÓN[/blockquote]

Para realizar unha reserva de praza podedes facelo a través da súa web: CLICK AQUÍ

Podedes consultar toda a información relativa aos campamentos de verán en Granxa Barreiros na súa web: granxadebarreiros.comescribir ao mail info@granxadebarreiros.com ou chamar aos teléfonos 982 533 656  ou 698 129 000.

 

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Granxa de Barreiros en Sarria Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.