Campamentos de verán en Granxa Barreiros 2015

Granxa Barreiros en Sarria propón aos nenos pasar un verán inesquecible nun entorno ideal para aprender e divertirse ao mesmo tempo. Xa está aberta a inscrición para reservar praza para estes campamentos de verán. Convivirán nun ambiente familiar, saudable e lúdico nunha granxa na que aprender a amar e valorar a vida.

 
 
[blockquote indent=”yes” ]Campamentos Natureza 2015[/blockquote]

Cada unha das estancias ten a súa programación centrada nun eixo temático arredor do que xiran todas as actividadesOrganizan actividades para unha educación natural e ambientalunha educación para a arte e para a comunicación. Son actividades interdisciplinares, conxugando historia, arte, ciencia, natureza e aventura, potenciando a súa creatividade e imaxinación a través da realización de diversos talleres, dramatizacións e xogos. Os seus traballos na granxa e na horta ecolóxica e a investigación do entorno natural fan que aprendan a valorar e a amar a natureza.

  • Dirixido a: nenos e nenas de 4 a 12 anos
  • PREZOS e DATAS
    • *Campamento para principiantes de 4 a 8 anos: do 28 ao 30 de xuño | 105€
    • Do 5 ao 11 de xullo | 380€
    • Do 12 ao 18 de xullo | 385€
    • Do 5 ao 18 de xullo | 610€

 

 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

[blockquote indent=”yes” ]Campamento Musical 2015[/blockquote]

Centro de Música Fingoi organiza cada verán un campamento musical en Granxa de Barreiros. Para os nenos amantes da música, que queiran disfrutar de todas as vantaxes dunha actividade grupal de tempo libre, vai dirixido este campamento, que combina actividades musicais con outras ambientais e de ocio, co fin de disfrutar e enriquecer a súa formación musical e persoal.

Todo iso da man de grandes especialistas en música e en educación ambiental nun marco incomparable, como é o espazo natural e as instalacións de Granxa de Barreiros: un ambiente familiar, un cómodo aloxamento e unha alimentación sana e equilibrada, con produtos naturais, moitos deles procedentes da súa horta ecolóxica.

As actividades musicais serán impartidas polo profesorado do Centro de Música Autorizado Profesional Fingoi, cunha gran cualificación e experiencia. Todos eles son especialistas recoñecidos tanto a nivel concertístico como didáctico.

  • Dirixido a: nenos e nenas de 7 a 16 anos
  • PREZOS e DATAS
    • Do 19 ao 26 de xullo | 595€
    • Do 20 ao 26 de xullo: campamento musical diurno (de 10 a 16.30h)| 300€
    • Do 12 ao 26 de xullo: campamento NATUREZA + campamento MUSICAL | 890€

 


 

[blockquote indent=”yes” ]INSCRICIÓN[/blockquote]

  • Para realizar unha reserva de praza podedes facelo a través da súa web: CLICK AQUÍ
  • Podedes consultar toda a información relativa aos campamentos de verán en Granxa Barreiros na súa web: granxadebarreiros.comescribir ao mail info@granxadebarreiros.com ou chamar aos teléfonos 982 533 656  ou 698 129 000.

 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Granxa de Barreiros en Sarria Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.