Se vos gusta a natureza e os animais tedes que visitar en familia a Granxa de Barreiros en Sarria (Lugo). Ao longo do ano programa actividades para fins de semana pensadas para grupos, familias e público de tódalas idades. O obxectivo é aprender a disfrutar, valorar e relaxarse na natureza e crear actitudes responsables co medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
Achégase a primavera e desperta a vida ao noso arredor. En Granxa Barreiros convídanvos a descubrir a uns veciños moi interesantes. Visita a Granxa de Barreiros os días 5 e 6 de marzo e coñecerás o fascinante mundo das aves! A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida das aves. Aprenderedes a identificar as principais especies do noso entorno, cómo observalas e coñecelas mellor e a colaborar na súa protección.
Este é o programa para as dúas xornadas:
- 5 de marzo: Os nosos veciños voadores
- 10 horas | Chegada e tentempé de benvida
- 10.30 horas | Charla: Qué debemos saber das aves?
- 11.30 horas | Preparación dunha saída ao campo. Uso de prismáticos e telescopio terrestre
- 14 horas | Xantar
- 16 horas | As especies máis comúns de aves en Galicia
- 17 horas | Saída ao campo. Anotacións nun caderno de campo e uso de guías de campo
- 18 horas | Merenda e obradoiro sobre as aves
- 19 horas | Fin opción Sábado
- 21 horas | Cea
- 22 horas | Actividades nocturnas: xogo en torno ás aves “Quen canta por ahí?”
- 6 de marzo: Con paxaros na cabeza
- 9.30 horas | Almorzo
- 10.30 horas | Charla: Por que son importantes as aves?
- 11 horas | Itinerario para a observación e identificación das aves de Barreiros
- 14 horas | Xantar
- 16 horas | Posta en común e avaliación
- 16.30 horas | Despedida e fin da experiencia
- Dirixido a: familias, grupos, profesores de todos os niveles educativos, educadores ambientais, monitores de tempo libre e todas aquelas persoas interesadas no medio natural ***haberá unha programación adaptada para nenos menores de 8 anos
- 5 e 6 de marzo ***2 opcións: soamente o sábado ou a fin de semana completa
- Inscrición: deberedes reservar praza a través dos teléfonos 982 533 656 / 698 129 000 ou por email a info@granxadebarreiros.com. Coa praza confirmada descargaredes a FICHA DE INSCRICIÓN e enviádela cuberta por email. A data límite de inscrición é o 2 de marzo de 2016.
- Prezos: *opción sábado (actividades, xantar, merenda e cafés): 35€ – menores de 2 anos non pagan, pero deben ir acompañados por un adulto | *opción fin de semana (sábado e domigo con actividades e pensión completa): 80€ – menores de 2 anos non pagan, pero deben ir acompañados por un adulto
- GRANXA BARREIROS en Sarria Como chegar