Visitas á Illa de San Simón

Visitas en Semana Santa á Illa de San Simón

Durante estes días de Semana Santa poderedes participar nas visitas guiadas á Illa de San Simón: unha illa única pola súa natureza e pola súa historia. Os nen@s disfrutarán dunha xornada diferente coa viaxe en barco ata a Illa. San Simón e San Antonio son as illas maiores dun arquipélago que se completa cos illotes de Cobreiras e Pena Branca. Un bonito paseo pola súa diversidade paisaxística e o miradoiro que nos invita a disfrutar dunhas vistas espectaculares.

Paseo dos Buxos na Illa de San Simón

Podedes realizar a reserva a través da web do Concello de Redondela ou contactando coa oficina de turismo de Redondela no teléfono 986 401 713.

 28 e 29 de marzo | 16 e 18 horas | Porto Cesantes en Redondela

30 e 31 de marzo | ás 11.30 horas dende Chapela e ás 16.30 horas dende Cesantes

Prezo: gratuitas

ILLA DE SAN SIMÓN Como chegar

 

 

Escribe un comentario