Rutas guiadas en familia

Que mellor plan que visitar as illas Atlánticas durante esta primavera? Os días 10 e 12 de abril haberá novas rutas para familias nas que poderedes coñecer as Illas Cíes e a Illa de Cortegada.

Ademais destas dúas rutas para familias hay outras para adultos nas que poden participar maiores de 12 anos. Podedes ver toda a información aquí.

O prazo de reserva comeza o 1 de febreiro, a través da web da Central de Reservas: aquí.

cies2

Cíes, peza a peza – 10 de abril

É unha ruta deseñada para nenos (recomendada para nenos de entre 5 y 11 anos) e familias. Consiste nun percorrido guiado nas Illas Cíes, dende o porto ata a praia de Nosa Señora, situada na illa do Medio. Nesta ruta coñeceredes algunhas das marabillas que ocultan estas illas a través de xogos e dinámicas.

  • Dirixida a: familias con nenos maiores de 5 anos
  • Lonxitude: 1,5 quilómetros (so ida)
  • Prezo: 8,64€ maiores de 12 anos e gratuita para os nenos de 12 e menores de 12 anos
  • Hora: partirá ás 9.30h do interior da estación marítima de Vigo (a das viaxes a Cíes). Saíd de Cíes ás 17h (chegada a Vigo ás 17.45 aprox). A ruta guiada realizarase pola mañá, cunha duración aproximada de 1 hora e 45 minutos.
  • Podedes consultar máis información e reservar praza na web: www.reservasparquesnacionales.es
cortegada
Fonte: parquenacionalillasatlanticas.com
Cortegada, peza a peza – 12 de abril

É unha ruta deseñada para nenos (recomendada para nenos de entre 5 y 11 anos) e familias. Consiste nun percorrido guiado pola illa no que coñeceredes algúns dos secretos que agocha este auténtico paraíso vexetal, a través de xogos e dinámicas. Estas rutas teñen o obxectivo de facilitar que podamos gozar do Parque Nacional en datas fora da temporada de verán.

  • Dirixida a: familias con nenos maiores de 5 anos
  • Lonxitude: 3,2 quilómetros
  • Prezo: 10€
  • Hora: partirá ás 16h do porto de Carril (nas inmediacións da lonxa). A volta está prevista para as 19.15h. A ruta e as actividades teñen unha duración de 2 horas
  • Podedes consultar máis información e reservar praza na web: www.reservasparquesnacionales.es

Escribe un comentario