Rutas en familia: verán en Cangas

Este verán volven a Cangas as rutas guiadas das que poderedes gozar en familia. Son seis rutas diferentes para coñecer o entorno.

Massó. O sentir dun pobo

Historia, curiosidades, anécdotas. Descubriredes como era a vida arredor da factoría de Massó, como chegou a ter a primeira asistenta social de Galicia, a orixe da gardería, os avances tecnolóxicos, as actividades de ocio que se facían, o inicio da actividade baleeira e a moratoria; o declive da factoría e o que significou para a poboación…

  • Punto de partida:  Fábrica de Massó
  • Duración aproximada: 2h
  • Lonxitude: 1,4 km
  • Dificultade: baixa
  • Datas:
    • 18 de xuño | 11 horas
    • 1, 15 e 29 de xullo | 11 horas
    • 13 de agosto | 11 horas
Monte Facho. Gardián milenario

A 184 metros por encima do nivel do mar e dominando toda a Costa da Vela, atopamos a interesante historia deste monte sagrado, que durante milenios estivo gardando as nosas costas e que pouco a pouco nos vai desvelando os seus segredos. Ademais, poderás gozar dunha das mellores vistas e paisaxes da Ría de Vigo e das Illas Cíes.

  • Punto de partida: Caracola de Donón
  • Duración aproximada: 2h
  • Lonxitude:  2,2 km
  • Dificultade: media
  • Datas:
    • 2 e 30 de xullo | 11 horas
    • 27 de agosto | 11 horas
Cangas 1617. A defensa da vila

Percorredes as rúas do casco antigo que existían naquel momento e coñeceredes interesantes historias sobre o día a día da Cangas de 1617… viaxaredes no tempo para coñecer como foi a defensa da vila levada a cabo polos Héroes de 1617 ante o asalto e as posteriores consecuencias.

  • Punto de partida: palco da Alameda Vella
  • Duración aproximada: 2h
  • Lonxitude:  1,5 km
  • Dificultade: baixa
  • Datas:
    • 17 de xuño | 11 horas
    • 16 de xullo | 11 horas
    • 5 de agosto | 11 horas
Senda costeira. Areamilla – Liméns

O entorno da actual senda costeira de Areamilla servirá de marco incomparable para coñecer parte das interesantes historias que gardan as nosas costas. Durante o percorrido atravesaredes o túnel de Areamilla e coñecendo os naufraxios entorno á Borneira, a natureza autóctona, mitos e lendas, incursións piratas, as furnas, o complexo dunar de Liméns… Unha ruta amena e interactiva na que aprenderedes sobre a natureza e cultura.

  • Punto de partida: Praia de Areamilla
  • Duración aproximada: 2h
  • Lonxitude: 7km
  • Dificultade: baixa
  • Datas:
    • 24 de xuño | 11 horas
    • 22 de xullo | 11 horas
    • 19 de agosto | 11 horas
Cabo Home

Coñeceredes os efectos da introdución de flora e fauna alóctona, o efecto da acción do home, ou a evolución natural da paisaxe e do medio litoral. Entre todos levaredes a cabo accións encamiñadas á limpeza do entorno.

  • Punto de partida: Caracola de Donón e fin na Praia de Melide
  • Duración aproximada: 2h
  • Dificultade: media
  • Datas:
    • 8 xullo | 11 horas
    • 6 de agosto | 11 horas
Intermareal. Mar á vista

A ruta, que está recomendada para toda a familia, partirá da Praia de Areamilla e desenvolverase polo Espazo Natural Punta Balea. Aproveitaredes esta zona de gran riqueza e biodiversidade para aprender dun xeito ameno e distendido como se forman as olas, os diferentes tipos de praias, a cantidade de vida que pode haber nunha poza cando baixa a marea…

  • Punto de partida: praia de Areamilla
  • Duración aproximada: 1h 30′
  • Lonxitude: 1,2 km
  • Dificultade: media
  • Datas:
    • 25 de xuño | 11 horas
    • 9 e 23 de xullo | 11 horas
    • 12 e 26 de agosto | 11 horas

As rutas son gratuita, pero as prazas son limitadas, polo que é necesaria unha inscrición previa na Oficina de Turismo de Cangas (ou chamando ao 986 392 023 ou enviando email a turismo@cangas.gal) ou contactando con ailladosratos@gmail.com

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorFestas de Ourense 2017
Artículo siguienteArde Lucus 2017

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.