Rutas en familia en Cangas

Esta primavera poderedes participar en familia nas rutas interactivas polo contorno natural de Cangas. As rutas están pensadas para toda a familia -son ideais para familias con nenos e nenas a partir de 6 anos.

Podedes ver o calendario completo das rutas na web ailladosratos.blogspot.com.es, aquí soamente destacamos as máis adaptadas a familias con nenos e nenas.

Intermareal

É unha ruta moi curta, non se recorren moito máis de 700 metros. Nesa distancia percorreredes tres praias distintas e aprenderedes cómo se forma unha praia, cómo se forman as ondas ou o modo de vida de especies tan características como o corvo mariño. Na última parada faredes unha incursión nas pozas que quedan cando baixa a marea, para ver cómo come unha anémona, cómo viven as estrelas de mar ou a cantidade de vida que hai entre as algas…

  • 13 e 29 de abril | 11 horas
  • Duración: 90 minutos aproximadamente
Senda costeira de Areamilla – Liméns

Esta ruta é máis longa, pero asequible para nenos e nenas de máis de 7 anos que estén acostumados a camiñar pola natureza. Falarán de naufraxios, piratas, lendas galegas… E finalizaredes a ruta na praia de Liméns e o seu gran sistema dunar. Nesta ruta os organizadores fan todas as paradas na ida para que se queredes quedar a comer na praia ou pola zona o fagades sen problema.

  • 14 de abril e 7 de maio | 11 horas
  • Duración: 2 horas

 

Massó

É unha ruta curta polo que foi o complexo conserveiro de Massó. Contaránvos cómo era a vida da xente da época e cómo se cazaban as baleas e chegaban a antiga factoría baleeira de Massó. Recoméndase a ruta a familias con nenos a partir de 9 anos.

  • 16 e 30 de abril e 14 de maio | 11 horas
  • Duración: 2 horas

 

**Son rutas guiadas e gratuítas e para participar é necesario reservar praza na Oficina de Turismo de Cangas, no teléfono 986 392 023 ou a través de mail turismo@cangas.gal ou ailladosratos@gmail.com.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.