O Concello de Bueu programa para este verán a actividade Bueu e os seus segredos para dar a coñecer numerosos puntos de interese da vila a través de diferentes rutas. As rutas son os sábados dende o día 4 de xullo ata o 19 de setembro. As rutas van dirixidas a todas as idades e os menores deben ir acompañados dun adulto. O horario de saída é ás 9.30 horas na Oficina de Turismo de Bueu.
Para participar nas rutas é preciso realizar unha reserva de praza previa na Oficina de Información Turística do Concello ou ben no telefóno 986 324 457.
Tamén organizan rutas guiadas polo Museo Massó nas seguintes datas:
- 15 e 29 de xullo, 5 e 19 de agosto e 2 de setembro | 21 horas