Rutas do Club Montañeiros Celtas de Vigo

Camiñar, facer deporte e estar en contacto coa natureza. É o que nos propoñen dende o Club Montañeiros Celtas de Vigo. De forma periódica organizan pequemarchas e actividades dirixidas aos nenos. Neste mes de marzo poderedes disfrutar da V Pequemarcha polo Parque Forestal do Galiñeiro, unha saída de Espeoloxía a Cobas e unha excursión aos Ancares. 

V Pequemarcha polo Parque Forestal do Galiñeiro

Durante o percorrido poderedes ver as mámoas, o lugar onde se celebra o curro e gozar das vistas sobre a enseada de Baiona, as illas Cíes e punta Subrido. Visitares un dos xacementos rupestres máis importantes de Europa: os petroglifos de Auga da laxe. Pasaredes tamén a coñecer o refuxio que o Club Montañeiros Celtas ten no Galiñeiro. É unha marcha sinxela, circular, onde se pretende pasar unha xornada cos máis cativos gozando das actividades ao aire libre.

10 de marzo | 11.30 horas

Inscrición: No Club Montañeiros Celtas (Avenida das Camelias 78), no teléfono 986 438 505 ou no mail info@celtas.net. O prazo límite é o día 6 de marzo.

Prezo: 2€ para os socios e 3€ para os non socios. Os nenos de balde.

Saída infantil de Espeleoloxía en Cobas (Ourense)

Para participar nesta saída é imprescindible ter a licencia federativa en vigor. Nesta saída os participantes viaxarán ata Cobas, no concello ourensán de Rubiá, no parque natural de Serra de Enciña da Lastra. A saída está prevista para o día 16 de marzo ás 10 horas dende Concheiro. As actividades de espeoloxía realizaránse a tarde do sábado e a mañá do domingo. A volta a Vigo será o domingo ás 20 horas no club.

16 e 17 de marzo | Saída ás 10 horas desde Concheiro

Inscrición: No Club Montañeiros Celtas (Avenida das Camelias 78), no teléfono 986 438 505 ou no mail info@celtas.net. O prazo límite é o día 13 de marzo.

Ancares

Coa chegada da primavera  o Club Montañeiros Celtas organiza unha saída aos Ancares. Dende o club recomendan levar unha mochila grande (útiles de aseo, roupa de abrigo e roupca cómoda, chuvasqueiro e botas de montaña) e unha mochila para as saídas con crema solar, gorra e cantimplora, ademáis do saco de durmir. Teredes que levar a comida do sábado e do domingo e  a noite pasarédela nun albergue.

16 e 17 de marzo

Inscrición: No Club Montañeiros Celtas (Avenida das Camelias 78), no teléfono 986 438 505 ou no mail info@celtas.net. O prazo límite é o día 14 de marzo. O prezo da actividade aínda está sen confirmar.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 438 505.

 

 

Escribe un comentario