Ruta literaria en Bueu

Gozando do entorno natural e dos contos, así vai celebrar Lobocoxo en Bueu o Día do Libro. Para a xornada do sábado teñen previstas dúas actividades. Ás 12h será un obradoiro de elaboración de marcapáxinas e pola tarde, ás 17.30h unha sesión de contacontos -se as condicións do tempo o permiten- que partirá dende a Aula de Natureza de Cabo Udra.

ROTEIRO LITERARIO

Será un percorrido dunha hora por diversos recunchos de Cabo Udra e da súa contorna natural, intercalando narracións de contos tradicionais como Rato e os ventos e Amora; de clásicos da literatura infantil contemporánea como Grúfalo de Julia Donaldson e Axel Scheffler, e O artista que pintou un cabalo azul de Eric Carle; ademais de A escada vermella, un conto de creación de Fernando Pérez Hernando. O paxaro protagonista de A escada vermella será o guía dos asistentes a esta sesión conmemorativa do Día do Libro.

O lugar elixido é Cabo Udra, que pertence á Rede Natura 2000 e está catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. O obxectivo destes roteiros literarios é contribuír ao fomento dos libros e da lectura dun xeito atractivo e orixinal, ademais de favorecer a promoción da cultura tradicional e inculcar sensibilidade polo coidado do medio ambiente. Ademais, na xornada do sábado, LOBOCOXO aplicará un desconto do 5% nas compras de libros.

aescadavermella

  • Actividades abertas ao público, de balde e que non precisan inscrición previa
  • LOBOCOXO en Bueu Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.