Programa Apego no verán en Santiago

Rutas, contos, música, obradoiros… Son as actividades do programa Apego para este verán en Santiago de Compostela. Podedes consultar o calendario completo na web apego.santiagodecompostela.gal.

 

Visitas aos parques. Todas as saídas son ás 11 horas e son rutas pensadas para familias con nenos a partir de 3 anos. É necesario inscribirse no teléfono 661 406 965.

  • 5 de agosto | Bonaval (Museo do Pobo Galego)
  • 19 de xullo e 23 de agosto | O Espiño (Parque infantil de Galeras)
  • 26 de xullo e 30 de agosto | Vista Alegre (Capela de Santa María da Fonte)
  • 12 de agosto | Alameda (As Marías)
  • 25 de agosto | Pedroso (Parque de Galeras)

 

Bb -ludo xoga no verán. Trátase dun espazo afectivo, dedicado a actividades lúdicas e de lecer, pensado para nenos de 0 a 6 anos.

  • 5, 12, 19, 26 de xullo | de 10.30 a 13 horas
  • CSC de Vite

 

Ruta polas Brañas de Sar. Paseo coa auga como tema central no Centro de Interpretación Ambiental (CIAC). É necesaria inscrición a partir do 1 de setembro en ciac@santiagodecompostela.gal.

  • 24 de setembro | de 17 a 18.30 horas

 

Rutas naturais. As rutas están pensadas para familias e nenos partir de 8 anos. Todas as saídas son ás 11 horas e é necesario inscribirse no teléfono 661 406 965.

  • 4 de agosto | Río Sarela (Carballeira de S. Lourenzo)
  • 14 de xullo e 1 de agosto | Río Corgo (Parque infantil de Galeras)
  • 21 de xullo e 18 de agosto | Río Sar en Conxo (CSC de Conxo)
  • 28 de xullo | Parques forestais do Pedroso (Parque infantil de Galeras)

 

A banda das apertas Magín Blanco. Percorrido polas cancións infantís de diferentes proxectos de Magín Blanco como A nena e o grilo, Gatuxo, María Fumaça ou Rosalía Pequeniña.

  • 12 de xullo | 19 horas | Parque da Música en Compostela (*se chove será no Teatro Principal)

 

Ruta polo parque de Belvís

  • 13 de xullo | 17 a 18.30 horas
  • Inscrición no CSX O Ensanche ou no teléfono 981 543 001

 

Contos e lerias Daboapipa. Un feixe de historias recollidas dos nosos maiores, coa palabra preparada para saír en calquera momento pola boca, con contos para pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo, para o mal tempo boa cara e para amarse e durmir quentiños. Contos cos que todos medramos e aprendemos a pasar pola vida bañados por música, cancións, xogos e risas. *nenos a partir de 6 anos

  • 13 de xullo | 19 h Parque-Praza de Salvador Parga (*se chove será no Teatro Principal)

 

Maxia en estado puro Mago Richard. A mestura de ingredientes é a mellor receita para este espectáculo dinámico e divertido . O principal elemento é a máxia e o seguinte son os meniños e a súa imaxinación. A música é o terceiro ingrediente que, xunto coa palabra, xoga un rol destacado. Os gags e mais o humor estarán tamén moi presentes.

  • 14 de xullo | 19 horas | Parque de Galeras (*se chove será no Teatro Principal)

 

Obradoiro de iniciación á observación de aves

 

Bb – ludo xoga no verán: medra creando. Mamás, papás e bebés divertiranse e experimentarán coa pintura de mans, o chocolate, materiais moldeables… Para nenos de 0 a 3 anos. É necesario inscribirse no teléfono 981 542 490 ou no CSC Vite.

  • 19 de xullo | 11.30 horas
  • CSC de Vite

 

Terra-auga-aire Can Cun Quinqué. Danza en familia. Cos elementos naturais, terra, auga e aire, elaboraremos unha coreografía onde a familia enteira experimentará os pasos da creación artística.

  • 26 de xullo ás 19.30 h
  • 16 de setembro ás 19 h
  • Parque de Bonaval

 

Ruta sobre a biodiversidade urbana. Paseo circular para coñecer as hortas e tratar da biodiversidade. Inscrición no mail ciac@santiagodecompostela.org a partir do 1 de xullo para a primeira ruta e a partir do 15 de agosto para a segunda ata completar prazas.

  • 29 de xullo | de 17.30 a 19 h
  • 1 de setembro | de 17 a 18.30 h
  • Centro de Interpretación Ambiental (CIAC)

 

Obradoiro de circo. A asociación Circonove sae á rúa para compartir os seus coñecementos. Seis días nos que aprender a facer malabares e a dar pinchacarneiros. Ven e serás a sensación das festas todo o ano mostrando as habilidades aprendidas. *nenos a partir de 4 anos. É necesario inscribirse no enderezo circonove@gmail.com.

  • Luns, martes e mércores da primeira quincena de agosto | 11 horas
  • Parque de Bonaval (*e chove, na nave da Almáciga)

 

Despois de merendar, a rúa é nosa! Tempo para recuperar a rúa e xogar, falar, facer amigos, aprender habilidades divertidas… Tempo libre de verán! De 6 a 12 anos. Só hai que achegarse ao punto de encontro entre as 18 e as 18.15 horas, cubrir os datos e… xogar!

  • De luns a venres agás festivos durante agosto | de 18.30 a 20.30 horas
  • Mercado de Abastos (punto de inicio)

 

Obradoiro de consumo responsable: granizados

  • 20 de agosto | 17 a 18.30 horas
  • Centro de Interpretación Ambiental (CIAC) I
  • Inscrición no mail ciac@santiagodecompostela.org a partir do 1 de agosto

 

 

Escribe un comentario