Pequemarcha no Monte Aloia

Pequemarcha no Monte Aloia

monte aloiaNo verán falámosvos do Club Montañeiros Celtas en Vigo e das súas pequemarchas. Nesta ocasión a Pequemarcha será no Monte Aloia.  Nela poderán participar os nen@s  menores de 9 anos, acompañados de pais, nais, tíos, avós… A saída será dende o refuxio do Club e durante a ruta os participantes visitarán os miradores, coñecendo a muralla do castro e con paradas para ver a diversa vexetación que existe no Aloia. Cando remate a Pequemarcha estarán agardando os cucuruchos coas castañas, o chocolate e os xogos.

Para poder participar cada familia debe levar 200gr de castañas (co corte feito para que non estoupen), unha bolsa pequena para gardar as follas que recollerán durante a ruta, un cantarillo para tomar o chocolate, e dende o club, animan tamén a levar un sorriso para brindar pola tempada, polo club e polas pequemarchas.

Dirixida a: nen@s menores de 9 anos acompañado dun adulto.

REFUXIO DO CLUB MONTAÑEIROS. O punto de encontro é o no último aparcamento do Parque Natural do Aloia, na parte máis alta, preto da ermida.

27 de outubro | 11.30 horas

Prezo: Nen@s de balde, os socios do Club 3€ e os que non son socios 4,5€.

Inscrición: Ata o xoves 25 de outubro.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 438 505.

Escribe un comentario