Peque ruta por Salceda de Caselas

Peque ruta pola senda fluvial do río Caselas

A Asociación Cultural O Coto organiza para o domingo 16 de xuño unha nova ruta de sendeirismo para familias pola senda fluvial do río Caselas en Salceda de Caselas. Trátase dun fermoso e cómodo percorrido pola ribeira do río Caselas. Poderedes descubrir a parte da flora e fauna característica dos nosos ríos galegos e varios muíños. Esta senda pasa por catro muiños recentemente restaurados: Muiño das Covas, dos Cregos, das Figueiras e o de Marcial que conforman o Parque Etnográfico dos Muíños do Río Caselas e por tres reas recreativas (Covas, Fondóns e Rubal).

senda rio caselasDirixida a: familias con nenos a partir dos 5 anos

16 de xuño | 11 horas

Inscrición: é necesario inscribirse previamente.

Saída: colexio Público do Carballal Como chegar

Para máis información podedes chamar aos teléfonos  986 487 957 – 676 524 529 ou escribir un mail a andaina@ocoto.org.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.