Peque ruta por Esgos

Peque ruta por Esgos

peque ruta esgos ourenseA Asociación Cultural O Coto organiza unha ruta de sendeirismo para familias polo Camiño Real de San Pedro de Rocas en Esgos. Trátase dun fermoso percorrido que transcorre polo concello ourensán de Esgos por un antigo camiño que servía de comunicación cara a Aguiar e Ourense e que aínda conserva os muros laterais e as pegadas das rodeiras dos carros. Disfrutaredes tamén do Mosteiro de San Pedro de Rocas que está declarado Monumento Histórico-Artístico e ofrece unhas vistas impresionantes do Pazo de Roca, rodeado dun bosque de coníferas.

Debedes levar a comida porque faráse unha parada ao longo ou ao final da ruta para comer e dende a asociación recomendan levar roupa e calzado cómodos e adaptados a climatoloxía. A asistencia as peque-rutas é gratuíta é non  necesario ser socio. A saída está prevista ás 10 horas do Colexio Público Carballal en Vigo.

Dirixida a: familias con nenos a partir dos 5 anos

12 de maio | 10 horas

Inscrición: é necesario inscribirse previamente.

Saída: Colexio Público do Carballal Como chegar

Para máis información podedes chamar aos teléfonos  986 487 957 – 676 524 529 ou escribir un mail a andaina@ocoto.org.

 

Escribe un comentario