Peque Ruta para familias en Punta Couso

Peque Ruta para familias en Punta Couso

punta couso_peque rutaA Asociación Cultural O Coto organiza para estes meses dúas rutas de sendeirismo para familias. A primeira delas é un percorrido que comezarará na praia de Area Brava e que rematará no faro de Punta Couso en Cangas do Morrazo, que é un dos extremos da Costa da Vela. Cóntannos dende a asociación que é unha zona privilexiada, con pequenas e fermosas praias e cunhas vistas excepcionais á ría de Aldán e á Illa de Ons.

Dirixida a: Familias e nen@s a partir de 5 anos

20 de xaneiro | 11 horas

SaídaColexio Público Carballal Como chegar

Prezo: Actividade gratuita, non é necesario ser socio para participar.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 487 957 ou 676 524  529 ou enviar un mail ao andaina@ocoto.org.

A seguinte ruta está prevista para o día 24 de febreiro e percorrá os Muíños de Couso en Gondomar.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.