Paseos para todos en Ourense

Paseos para todos é unha iniciativa do concello de Ourense que se desenvolve os catro sábados do mes de xuño pola mañá. Son catro rutas deportivo e culturais pensadas para todas as idades que transcorren por zonas de especial interese da cidade.

  • 6 de xuño | Ruta do Miño | Ponte Vella – Termas da Chavasqueira – O Tinteiro – Termas do Muiño e regreso. De dificultade baixa, de 8 km e un baño nas Termas do Muiño
  • 13 de xuño | Ruta do Barbaña | A Molinera – Paco Paz e regreso. Cunha dificultade baixa, de 8 km e un obradoiro de taichi/ioga
  • 20 de xuño | Ruta do Castro de Santomé | Ponte Vella- Salesianos- Río Loña – Mende- Castro de Santomé e regreso. Dificultade baixa/media, de 9km e con visita guiada ao Castro de Santomé
  • 27 de xuño | Ruta Parque Botánico de Montealegre | Ponte Vella –  Campus –  Barrio do Cuco – Montealegre – Parque Botánico e regreso por Ceboliño. Con dificultade media/alta, de 12 km, e visita guiada ao Parque de Montealegre

 

As rutas non requiren inscrición previa, terán como punto de saída e chegada (ás 10h e ás 13h) o Pavillón Municipal dos Remedios en Ourense.

 

Escribe un comentario