I Sendeiro Intermareal en Bergondo

mareas_bergondoA empresa Riberirán Proxectos Naturais organiza percorridos guiados pola Chaira Intermareal de Bergondo. Durante o mes de setembro podedes disfrutar destas rutas cos máis pequenos nun espazo dun grande valor natural, cultural e ecolóxico. Descubriredes a pradeira mariña de Zostera que coloniza a chaira na baixamar ou algunas especies naturais únicas. Comprenderedes como funcionan as mareas nunha ría e como iso condiciona todo o hábitat. Durante a ruta falarán do espacio protexido LIC Mandeo Betanzos, do cambio climático, de navegación, de protección da costa, de cultivos mariños, de xeoloxía, do efecto das mareas negras, etc.

A organización aconsella levar protección solar, auga e calzado adecuado para as rochas. Son recomendables tamén os prismáticos e un impermeable. De facerse imposible o percorrido por meteoroloxía ou causa de forza maior, ofreceráse unha actividade alternativa.

Dirixido a: nen@s maiores de 12 anos se van a participar sós, no caso de ir acompañados por adultos poden participar nen@s máis pequenos.

As datas son as seguintes:

15 de setembro | 10 horas

16 de setembro | 10 horas

22 de setembro | 16 horas

23 de setembro |16 horas

O día 29 de setembro, ás 19 horas, no edificio da Senra, en Bergondo, farán unha xornada final  das rutas na que se proxectará o documental Cando baixa a marea.

ÁREA RECREATIVA DA PONTE DO PEDRIDO en Bergondo Como chegar

Inscrición: Podedes incribiros no correo electrónico mareas@ribeiran.com ou chamando ao teléfono 644 516 381.

Podedes seguir as andainas no Facebook Mareas de Bergondo.

¡Compártelo!
Artículo anteriorPantin Classic
Artículo siguienteBarquito de Papel

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.