Se queredes visitar unha illa única pola súa natureza e pola súa historia tedes que ir á Illa de San Simón ou Illa do Pensamento. Ata o 30 de setembro hai excursións guiadas durante as fins de semana e rutas diarias dende Vigo, Redondela ou Cangas.
San Simón e San Antonio son as illas maiores dun arquipélago que se completa cos illotes de Cobreiras e Pena Branca. A ensenada de San Simón alberga ao arquipélago, que está moi próximo a terra, xa que a praia da parroquia de Cesantes conforma unha lingua de area que apunta ás illas. Un canle de auga separa as illas do continente, pero é imposible chegar á illa por unha vía que non sexa a marítima. Os nen@s disfrutarán dunha xornada diferente coa viaxe en barco ata a Illa.
Podedes reservar praza para as visitas dende Redondela. As entradas poden adquirirse na web ou na oficina de turismo de Redondela. Se queredes disfrurar dunha excursión con representacións teatrais sobre a historia e as batallas de San Simón tedes que reservar praza en Viaxes Loa.
ILLA DE SAN SIMÓN Como chegar