II Roda Irmandiña en Moeche
A A.C. Irmandiños de Moeche (A Coruña) volve a coller a bicicleta e a animar a todos aqueles que queiran participar na II Roda Irmandiña. Trátase dunha ruta en bicicleta onde os participantes tamén terán que superar probas de habilidade. Os nen@s menores de 10 anos poderán participar na ruta de 6 quilómetros, de carácter lúdico, e onde é recomendable que vaian acompañados por un adulto. Esta ruta, de dificultade baixa, está pensada tamén para maiores.
No segundo percorrido, de 18 quilómetros, poden participar maiores de 14 anos e ten carácter competitivo. Dende a organización explican que é obrigatorio o uso de casco e elementos reflectantes.
Dirixido a: tódalas idades
CASTELO DE MOECHE Como chegar
23 de xuño | 15.45 horas
Inscrición: antes das 15.30 horas do 23 de xuño