Cascada de Ézaro

No Ézaro, un pequeno porto pesqueiro do concello de Dumbría, na comarca de Fisterra, atópase un dos espectáculos naturais máis impresionantes de Galicia: a Fervenza do Ézaro. Trátase dun lugar único en Europa xa que é unha das poucas fervenzas que se precipitan directamente ao mar. O último tramo do río Xallas desemboca no mar formando este salto de 40 metros e un pozo de máis de 16 metros de profundidade.

A nosa recomendación é que non deixedes pasar a oportunidade de facer esta excursión en familia. Podedes deixar o coche aparcado no pobo do Ézaro e gozar dun pequeno paseo ata chegar ao miradoiro por unha pasarela de madeira. No camiño encontrarédesvos o Museo da electricidade do Ézaro onde vos ensinarán como se produce a enerxía eléctrica na central.

Na parte de arriba do miradoiro de Ézaro veredes, ademais do espectacular salto de auga, o Cabo Fisterra, o pobo do Ézaro e a súa praia, unha das máis bonitas desta costa.

Horarios de visita: podedes visitar esta fervenza todos os días do ano, especialmente recomendable en inverno xa que o aumento do caudal do río Xallas incrementa aínda máis a súa beleza.

Este verán tamén podedes admirala pola noite iluminada de 23 a 00.00 horas:

  • 1, 8, 15, 22, 24 e 29 de xullo
  • 5, 12, 14, 19 e 26 de agosto
  • 2, 9 e 16 de setembro

 

(datas e horarios actualizados en xullo de 2017)

Escribe un comentario