Camiño ao Gaiás 2013

Camiño ao Gaiás 2013

camino_gaiasUnha nova forma de achegarnos á Cidade da Cultura e descubrir a propia cidade de Compostela é o programa Camiño ao Gaiás.  Unha ruta para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, coñecendo o entorno natural e patrimonial que leva ata a Cidade da Cultura, permitindo descubrir algunhas das xoias arquitectónicas de Compostela como a praza de Cervantes, a Igrexa das Ánimas, o convento de Bonaval e de Belvís, o Centro de Interpretación ambiental de Compostela ou a Colexiata do Sar.

Acompañados por monitores da Fundación USC Deportiva, a camiñata arrancará do centro histórico de Santiago e continuará ata a Cidade da Cultura. Unha vez alí, completaráse o percorrido cunha visita guiada á exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido e ao propio complexo .

Percorrido: 4 quilómetros aproximadamente

17.20 horas. Saída da Praza de Cervantes (como chegar)

18.30 horas. Chegada ao Gaiás e visita á exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.

Para regresar a Santiago podedes consultar AQUÍ os horarios de autobuses. 

Dirixido a: todos os públicos, os menores deberán ir acompañados dun adulto

 Os mércores dende o 3 de xullo ao 11 de setembro

Inscrición: precísase inscrición previa porque hai límite de prazas

Actividade gratuita

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.