As bágoas de San Lorenzo no PACC

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa está preparando unha actividade especial para o sábado 8 de agosto. Coincidindo co fenómeno astronómico das Perseidas, máis coñecidas como as bágoas de San Lorenzo, compartirán con todos os visitantes unha noite baixo as estrelas de San Cibrao de Las.

Será unha visita guiada nocturna por este castro iluminado, para continuar coa observación do ceo estrelado coa Asociación Astronómica de Ourense. Ademais existe a posibilidade de cear no restaurante do Parque antes do comezo das actividades.

Os menores de 6 anos poderán participar gratuitamente e recibirán un agasallo ao remate das actividades.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 8 de agosto | dende as 20.30 horas
  • As prazas son limitadas e é necesario facer reserva previa no mail reservas@pacc.es ou no teléfono 988 267 285.
  • Prezo: 8€ adultos (23€ con cea) | 4€ nenos de 7 a 14 anos (10,5€ con cea) | gratuito menores de 6 anos (6,5€ con cea)
  • Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las (Ourense) Como chegar
¡Compártelo!
Artículo anteriorAlfaroleiros 2015
Artículo siguienteVerán na rúa en Santiago

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.