Ruta por Cabo Ortegal

Unha das excursións que non vos podedes perder é a ruta por Cabo Ortegal. Estaca de Bares é o punto máis setentrional de toda a Península e disfrutaredes das paisaxes e dos maxestuosos acantilados. Ata o Faro de Estaca de Bares podedes chegar en coche e dende alí ver cómo conflúen o Mar Cantábrico e o Océano Atlántico. Hai un pequeno camiño que vos leva ata a punta máis ao norte do norte dende onde podedes ver Os Tres Aguillóns, tres pequenos illotes rochosos.

ortegal1

Dende finais do século XIX ata os anos 60 o semáforo de Bares sirveu para a comunicación cos barcos, como posto militar e como centro meteorolóxico. Hoxe, xa rehabilitado, converteuse nun hotel.

ortegal2

Cara ao oeste encontraredes os impresionantes cantís da Serra da Capelada onde se cobixa San Andrés de Teixido e o seu lexendario santuario, outra das visitas obrigadas se estades pola zona.

ortegal3

Antes de chegar á estrada que vos levará cara ao faro poderedes descubrir o pequeno porto mariñeiro de Bares cunha pequeniña praia, é xenial tomarse algo nalgunha das súas terrazas.

E non poden faltar as praias! Moi preto está unha das nosas praias preferidas: a praia de Esteiro en Mañón. É unha praia de algo máis de 1 km de lonxitude onde poderedes disfrutar das súas finas areas brancas, unha zona de rochas e na parte máis occidental a desembocadura do río Esteiro. Ten un gran complexo dunar e un pinar con mesas para comer e para descansar!

ortegal4

ortegal5

 

 

Como chegar?

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.