Centro de Música Fingoi en Lugo

 

O CENTRO DE MÚSICA FINGOI en Lugo é  un centro educativo musical. Con máis de 15 anos ás súas costas, nace como un centro de ensino e creación musical, unha alternativa privada para cubrir este oco na educación musical na cidade de Lugo.

centrofingoi_fachadaO centro continúa a estela do Colexio Fingoi de Lugo que abarca dende a Educación Infantil ao BAC, con presenza tamén na Granxa de Barreiros e coa recuperación da música popular e tradicional.

O Centro de Música Fingoi busca potenciar a propia expresión, sensibilidade e o pleno disfrute da música dos seus alumnos, sexa en grupo ou individual, con programas flexibles. No centro poderedes aprender diferentes estilos musicais, dende o clásico, o moderno e o contempóraneo ata a música galega, folk, rock, pop, jazz…

O proxecto musical de Fingoi abarca todas as idades desde a educación infantil (desde 0 meses) ata a educación de adultos. Conta ademais cun amplo equipo de profesionais implicados, ilusionados, con ampla experiencia tanto pedagóxica musical como instrumental e músicos de recoñecido prestixio en formación permanente.

centrofingoi_orquetaCENTRO DE MÚSICA

  • A Escola de Música:
    • Música para bebés (de 0 a 3 anos)
    • Sensibilización musical (de 3 a 5 anos)
    • Iniciación instrumental e formación musical (de 5 a 7 anos)
    • Formación Básica para nenos, mozos e adultos (a partir de 7 anos e sen límite de idade)
  • O Ensino Oficial como Centro Autorizado de Música Profesional, coas mesmas competencias pedagóxicas que un conservatorio público

Un modelo pedagóxico para aprender, compartir e vivir a música

“No Centro de Música Fingoi sabemos que a música debe ocupar un papel importante na educación, xa que desenvolve unhas capacidades altamente globalizadoras, tanto no proceso cognitivo, como na dimensión comunicativa e humana”

Dende o punto de vista pedagóxico, explican dende o centro, contribúe ao desenvolvemento de capacidades dos nenos. Deseñan o proxecto tendo en conta as características de cada idade, polo que poden adentrarse neste mundo primeiro a través de xogos, coñecendo cada instrumento, tendo a posibilidade de probar todos e escoller o máis axeitado. Unha vez que escollen instrumento, ademáis de clases específicas poden tocar nas distintas agrupacións, aprendendo a escoitar, respectar as normas dos grupos…

INSTALACIÓNS

O centro conta con aulas especializadas para cada instrumento, salas de ensaio das distintas agrupacións, aulas para as asignaturas teóricas, tres aulas con pianos verticais e unha sala de audicións con piano de cola, aula de percusión e biblioteca.

centrofingoi_aula

Para máis información podedes chamar aos teléfonos 982 284 094 – 982 221 630 ou no mail secretaria@centromusicafingoi.com

Centro de Música Fingoi Como chegar

¡Compártelo!
Artículo anteriorCasa Rural Piñeiro
Artículo siguienteTeatro en Vigo

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.