Campamentos de verán en Ponteareas e Vigo

A ANPA Tea do CEIP Fermín Bouza Brey organiza este verán un campamento en horario de mañá no propio centro. Os rapaces e rapazas participarán en obradoiros de reciclaxe creativo e medioambientais, xogos tradicionais, actividades circenses e clown, xogos de auga e cociña creativa, entre moitas outras.

Dirixido a: nenos de 3 a 12 anos

Duración: do 1  ao 31 de xullo (en dúas quendas)

Horario: de 9 a 14 h.

Prezo: 110€ (mes completo) | 55€ (quenda)

Descontos: mes completo: 10€ por unidade familiar | quenda: 5€ por unidade familiar

Inscripcións: ata o 27 de maio (só poden participar centros públicos de Ponteareas). As inscricións poden ser por mes completo ou por quendas. O grupo mínimo será de 15 nenos/as.

Máis información deste campamento no Anpa Tea do Ceip Fermín Bouza Brey, a través do mail info@imaxina.net ou chamando aos teléfonos 677 812 410 e 677 659 204.

Campamento de verán do CEIP Canicouva de Vigo 

A ANPA do Ceip Canicouva organiza un campamento de verán en horario de mañá no propio centro no que poden participar nenos e nenas doutros centros educativos. Este campamento desenvolverá actividades divertidas e, ao mesmo tempo, educativas como obradoiros de reciclaxe creativo e medioambientais, xogos tradicionais, actividades circenses e clown, xogos de auga, baile moderno, cociña creativa e moito máis.

Dirixido a: nenos de 3 a 12 anos

Duración: do 1  ao 31 de xullo (en dúas quendas)

Horario: de 9 a 14 h. Con opción de servicio  madruga sen almorzo (de 8 a 9h) e comedor con catering ( de 14 a 15 h)

Prezo: 125€ (mes completo) | 80€ (quenda)

Información e inscripcións: no Anpa Cachamuiña do Ceip Canicouva, a través do mail info@imaxina.net ou chamando aos teléfonos 666 801 652 e 671 659 204. Non é necesario estar adscrito ao centro para poder participar. O grupo mínimo será de 15 nenos/as.

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.