Campamentos de verán Os Tilos

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos de Teo organiza Campamentos de Verán con moitas propostas para que os máis pequenos disfruten do tempo libre nas vacacións de verán e atendendo, ao mesmo tempo, a acadar unha maior conciliación familiar, laborar el persoal. Os nenos poderán participar en actividades deportivas como fútbol sala, karate, ximnasia rítmica, judo e actividade predeportivas, ademáis de talleres creativos e inglés lúdico.

Segundo as idades e as datas os nenos poden participar en diferentes modalidades de campamento:

XI Campamento Infantil: Un verán distinto… un verán nos Tilos

Dirixido a: nenos de 3 a 9 anos

De 9.30 a 14.30 (con posibilidade de amorzo dende as 7.30h e xantar ata as 15.30h)

VI Campamento Xuvenil: Pasiño a pasiño

Dirixido a: nenos a partir de 10 anos

De 9.30 a 14.30 horas (con posibilidade de amorzo dende as 7.30h e xantar ata as 15.30h)

I Campamento Aviva a túa mente

Dirixido a: nenos de 9 a 15 anos

De 8.45 a 14.30 horas (con posibilidade de amorzo dende as 7.30h e xantar ata as 15.30h) | *Só no mes de xullo

I Campamento Expedición nos Tilos

Dirixido a: nenos de 3 a 14 anos

De 15.30 a 20.30 horas | *Só no mes de xullo

Datas: Do 25 ao 28 de xuño | 1ª Quenda: 1 ao 15 de xullo | 2ª Quenda: 16 ao 31 de xullo | 3ª Quenda: 1 ao 14 de agosto | 4ª Quenda: 16 ao 30 de agosto | Setembro: 2 ata comezo do cole

Inscrición: o prazo de inscrición está aberto ata o 21 de xuño. É necesario formalizar a ficha de inscrición e entregala debidamente cuberta.

Para máis información podedes chamar aos teléfonos 628 329 797 ou 671 138 637 ou escribir ao enderezo arcostilos@arcostilos.org.

Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos enTeo Como chegar

 

Escribe un comentario