Campamentos de verán na Fundación Luís Seoane

O campamento de verán da Fundación Luis Seoane centraráse cada semana nun tema diferente: arte, muralismo, lectura, expresión teatral, deseño, audiovisual… O campamento dividiráse en bloques temáticos distintos durante 10 semanas. Os máis pequenos poderán disfrutar de múltiples actividades que van desde a elaboración de peluches baseados nos personaxes dos cadros de Luis Seoane ata coñecer e practicar a performance artística, pasando por unha introducción á relación entre moda e arte na que crearán pequenas pezas de roupa, e outros bloques nos que aprenderán cómo se deseñan as exposicións, coñecerán o mundo dos libros e das editoriais, e ensinaránlles os rudimentos da arte abstracta, a distinción entre arte e artes aplicadas, a linguaxe audiovisual e o muralismo.

Dirixido a: nenos e nenas de entre 6 e 12 anos

Do 24 de xuño ao 30 de agosto | de 9 a 14.30 horas

Prezo: 80€/semana. Desconto do 10% no caso de que o neno ou a nena se matricule dúas semanas e dun 15% se desexa matricularse en tres ou máis semanas. Para os grupos de irmáns a matrícula redúcese a 75€. O prezo da matrícula inclúe os materiais de traballo e a merenda.

Inscrición: podedes descargar a folla de inscrición (PDF).

FUNDACIÓN LUIS SEOANE na Coruña Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.