Campamento de espeoloxía

Campamento de espeoloxía

campamento_espeoloxiaPara os nen@s máis aventureiros vai dirixido o campamento infantil e xuvenil que organiza a Federación Galega de Espeleoloxía e o C.E.M. Taranis  de Lugoos días 29 e 30 de setembro. O campamento está enfocado para que os nen@s espeleólog@s galegos compartan uns días de actividades: taller de cordas, actividade en diferentes cavidades da zona, xogos infantís e xuvenís, parque multiaventura… Para os pequen@s que estean federados o campamento é gratuito é o único requisito para os que queiran participar é ter a licenza do ano en curso cunha anterioridade de 8 días, así o seguro estará activo na data do campamento. O prezo da licenza infantil é de 19€ e de 23€ a licenza xuvenil. Os adultos que participen ou acompañen aos nen@s terán una cuota de 20 euros q inclúe o aloxamento e manutención completa.

Estades a tempo de poder participar porque no campamento organizaránse actividades para os recén chegados e tamén para os máis avanzados. O campamento comprende as idades dende os 0 aos 17 anos e desenvolveráse no camping de Seoane do Caurel.

Dirixido a: nen@s de 0 a 17 anos

Duración: 2 días

SEOANE DO CAUREL en Lugo Como chegar

29 e 30 de setembro

Inscrición: Ata o 21 de setembro no mail cem.taranis@gmail.com.

Escribe un comentario