Actividades de verán en Ourense

Actividades lúdicas e educativas de verán en Ourense

Os nenos de Ourense poderán participar un ano máis no programa de actividades de verán: deportes, xogos, música e teatro, actividades na natureza e actividades nas bibliotecas. Deste maneira preténdese dar a posibilidade aos nenos de participar en propostas lúdicas e formativas durante o verán e axudar a nais e pais a conciliar a súa vida familiar e laboral durante os meses estivais.  

actividades de veran ourense

Actividades lúdico, educativas e deportivas nos centros de Educación Primaria

As actividades desenvolveránse no CEIP A Ponte, no CEIP Couto/Greco, no CEIP Curros Enríquez e no CEIP Irmáns Villar.

Dirixidas a: alumnos de Educación Primaria, de 6 a 12 anos

De luns a venres durante o mes de xullo | de 9 a 14 horas

Obradoiros de música e teatro

Os obradoiros de música e teatro terán lugar na Escola Municipal de Música e das Artes Escénicas (xunto ao Auditorio).

Dirixidas a: alumnos de Educación Primaria, de 6 a 12 anos

De luns a venres durante o mes de xullo | de 9 a 14 horas

Actividades de natureza e medio ambiente

As actividades relacionadas coa natureza e o medio ambiente realizaránse na Aula da Natureza en Oira.

Dirixidas a: alumnos de Educación Primaria, de 6 a 12 anos

De luns a venres durante os meses de xullo e agosto | de 10 a 13 horas e de 16.30 a 19.30 horas

Actividades nas bibliotecas

As actividades nas bibliotecas terán lugar na BPM A Carballeira, na BPM San Francisco, na BPM A Ponte e no Punto de Lectura Infantil O Couto.

Dirixidas a: alumnos de 4 a 10 anos

De luns a venres durante os meses de xullo e agosto | de 10.30 a 13 horas 

Prezo: 10€ por neno e 5€ por irmán

Inscrición: está aberta dende o día 3 de xuño ata o día 21 de xuño, de 9 a 14 horas na Concellería de Educación. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. A inscrición nas actividades nas bibliotecas municipais faráse alí mesmo.

Para máis información podedes acurdir a Concellería de Educación do Concello de Ourense, na Praza de San Martiño, ou chamar ao teléfono 988 388 136.

 

Escribe un comentario