Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín

A poucos días de celebrar o Samaín temos o conto perfecto: Violeta quere ser vampiro. Un libro escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por David Sierra que nos conta de maneira sinxela e divertida unha das tradicións galegas que máis nos gusta nesta casa: o Samaín (ou o Halloween).

Os máis pequenos aprenderán cómo celebra esta festa a familia de Violeta e achegaránse as tradicións de tallar calacús, facer zonchos, disfrazarse… e sobre todo, ás curiosidades do mundo dos vampiros. Atoparedes ademais inspiración para celebrar a festa nas vosas cosas: creativos pratos terroríficos, disfraces, decoración…

Máis que recomendado este libro, editado por Xerais, para ler en vésperas do Samaín. Ademais estes días podedes disfrutalo nas presentacións que haberá en Vigo, anotade as datas:

  • 28 de outubro | 12 horas | Vermú Samaín en  Woodtown (rúa Camelias, 20)
  • 31 de outubro | 19.30 horas | Presentación do libro |  Café Badía (Sanjurjo Badía, 240)
  • 1 de novembro | 17.30 horas | Festa do Samaín | Casino de Sabarís 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.