Libros e música infantil en galego

Buscas libros que combinen historias, ilustración e música? Entre os máis pequenos e pequenas é un formato de éxito. Que mellor plan que ler, cantar e bailar en familia? Se buscas un agasallo bonito anota estes 15 libros-discos para gozar da poesía, da música e da literatura en galego:

  1. Gatuxo

Gatuxo é maxia. É poesía, ritmo, historias, xogos… para os máis pequerrechos e pequerrechas. Un libro e cd que dende que mercamos non paramos de escoitar. É de cartón e con ilustracións de Erica Maradona. Se podedes disfrutade do espectáculo de Magín Blanco, María Faltri, Raquel Queizás e Jorge Juncal porque é unha gozada.

Gatuxo en Casa del Libro (22€)

 

2. Té, chocolate e café

As ilustracións e a música atrapáronme a min primeiro e logo aos bebés desta casa. Porque foi un dos libros que chegou antes de que nacera o meu primeiro bebé e escoitouno dende a barriga, así que éxito rotundo. Aquí escribín hai tempo sobre Té, chocolate e café. Ademais escoitar a Golfiños en directo foi marabilloso!

Té, chocolate e café en Casa del Libro (20€)

3. Tic Tac e Tic Tac Toc

Que dicir da música de Pablo Díaz e dos seus concertos? Sabemos que ten lexións de fans e que o tic tac do seu reloxo segue soando en moitas casas. Tic Tac é un dos básicos que debemos ter na librería, coas magníficas ilustracións de Marc Taeger. Se podedes ir a un concerto non o dubidedes, planazo para toda a familia!

Tic Tac en Casa del Libro (20€)

4.  A nena e o grilo nun barquiño

Vivir coa nena e o grilo as súas aventuras polo mundo é marabilloso. Ademais de gozar desta linda historia, dos seus soños e das súas viaxes este libro permite pintar e debuxar. Unha interesante maneira de achegarse ao libro e aos valores que se transmiten: natureza, solidaridade, identidade…

A nena e o grilo en Amazon (19€)

5. Pan de Millo

Fantásticas cancións populares que por aquí tatareamos a miúdo: Miña Abuela Manuela, O piollo e a pulgaUnha vella tiña un can, Que cousa, cousiña é?…Descubriredes as coidadas ilustracións de Dani Padrón neste libro disco de Migallas.

Pan de Millo en Casa del Libro (19€)

6. Bicos de Música

Nesta lista non podía faltar Mamá Cabra. É fantástico poder disfrutar dun concerto de Gloria Mosquera e da súa banda! Bicos de Música é un dos libros que disfrutamos dende que o maior da casa era bebé. Ademais do cd tamén ten DVD!

Bicos de Música de Editorial Galaxia (22€)

7. Eu cociño, ti cociñas?

Para as pequenas e o pequenos chefs que andan pola casa este libro disco é ideal! Cada canción leva consigo a súa receita e unha bonita ilustración de María Lires. Descubriredes ademais a aula de cociña do Ceip Sigüeiro de Oroso e o seu interesante proxecto!

Eu cociño, ti cociñas? en Editorial Galaxia (20€)

8. María Fumaça

A enerxía de María Fumaça contaxiounos dende a primeira canción. Poder ler as cancións e escoitalas na casa é xenial, pero non dubidedes en ir aos seus espectáculos porque son emocionantes! Coñecer a Ruí e a toda a súa familia enriba do escenario foi fantástico! Aínda non coñeces esta linda locomotora?

Maria Fumaça
María Fumaça en Editorial Galaxia (22€)

 

9. Pakolas

Pakolas foi un dos últimos descubrimentos. Rock pensado para as nenas e os nenos. Nesta casa temos un pequeno rockeiro que se enganchou dende o minuto un a Baldomero o mero, ao Xabarín con bombín, o Furafollas ou a Quenlla Madrugadora. Se tedes ocasión ide a algún concerto porque de verdade que mola moito!!

Pakolas en Editorial Galaxia (20€)

10. A Gramola Gominola

Temos pendente ir a un concerto de A Gramola Gominola porque tamén é un básico nesta casa. Rock para nenos e nenas para bailar, para cantar e sobre todo, para desafinar!

A Gramola Gominola en Editorial Galaxia (20€)

 

11. Máis contos en cantos

Hai tempo que escoitamos estes contos cantados e a verdade é que son maravillosos. Seguro que xa coñecedes a Cocorico, a cabaza de Corre, corre Cabaciña, o leonciño e a súa máscara, os picurruchos ou Carabuñas… Ademais dos contos e das personaxes con este libro cd podemos bailar a ritmo de rock, de rumba, de polca… é fantástico!!

Máis contos en cantos en OQO (22€)

 

12. Teatro de Guiñol

Queredes descubrir este comando musical itinerante? A música de Pirilampo e os poemas de Manuel María fan maxia! A natureza, a neve, os ríos e regatos, a fala… e unha chea de cancións con distintos ritmos musicais! E as ilustracións de Iván R. que son a marabilla!

Teatro de Guiñol en Editorial Galaxia (20€)

 

13. Serpe de cristal

Coas voces e a música de Pirilampo continuamos porque un dos últimos descubrimentos neste formato de libro cd foi Serpe de cristal. Aprendimos novo vocabulario coa serpe sapeira, o tritón, o reiseñor, a bubela e moitos outros animais; novos sons e tamén novos ritmos musicais! Poesía, música e ilustración para aprender e cantar en familia!

Serpe de cristal en Editorial Galaxia (20€)

14.  A fiestra dos soños

A fiestra dos soños levounos a coñecer A vaca pinta -unha das nosas cancións preferidas-, a Vacaloura e os seus nomes, o Moucho, Pascual, as xoaniñas…  Gústanos moito lelo e tamén cantalo!

A fiestra dos soños en Editorial Galaxia (20€)

15. Monstros con ou sen consetemento

O rock de Chuches Amil e os seus Monstros tennos toliños por esta casa! Os monstros variopintos, as súas historias e as ilustracións de Manuel Cráneo fan deste libro cd un dos nosos favoritos porque fainos bailar, cantar, rir… e tamén pensar! Así que éxito asegurado entre os pequenos e as pequenas rockeiras!

Monstros en Editorial Galaxia (20€)

 

 

Unha lista de libros e música para nenos e nenas que seguirá medrando de seguro. Axiña vos contarei máis novidades!! E vós, tedes algún favorito? Que música escoitades cos vosos pequenos e pequenas?

 

 

 

 

1 Comentario

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.